|
Enviado hoxe pola Conselleria de Pesca a CSI-CSIF
O título XII regula a inspección, a vixianza e o control. Todo corpo legal leva consigo a regulación do establecemento de mecanismos de control de cumprimento da lexislación, establecendo os medios humáns e materiais necesarios para que tanto a inspección coma a vixianza sexan eficientes e eficaces. É unha obriga das administracións, na que se debe implicar e responsabilizarse o sector para que todalas actividades se desenvolvan dentro dun marco de respecto as normas e sobre todo, de respecto os principios de desenvolvemento sostible e preservación dos recursos como medio de vida das persoas que viven do mar. Partindo desta obriga, os traballadores da administración pública que levan a cabo esta labor de inspección,vixianza e control deben contar cun marco xurídico claro que lles permita exercer as súas funcións amparados nunhas normas e disposicións claras, obxectivo que se logra mediante o disposto no título referenciado.
Artigo 1.- Finalidade
A política pesqueira da Comunidade Autónoma galega ten por finalidade a viabilidade duradeira do sector pesqueiro, marisqueiro e acuícola galego mediante a explotación sostible, equilibrada e responsable dos recursos baseada nun asesoramento científico sólido e tendo en conta os aspectos medioambientais, económicos e sociais.
Para tal fin estableceránse, en particular, medidas sobre:
1. Conservación, xestión e explotación dos recursos mariños vivos.
2. Condicións de acceso ás augas e aos recursos mariños vivos.
3. Regulación do exercicio da pesca marítima profesional, o marisqueo e a acuicultura mariña.
4. Ordenación do sector pesqueiro.
5. Pesca marítima de recreo.
6. Estructuras pesqueiras, marisqueiras e acuícolas.
7. Establecemento de medidas de prevención e control sanitario dos recursos mariños.
8. Mercados, comercialización, manipulación, transformación e conservación dos productos da pesca, do marisqueo e da acuicultura.
9. Investigación, desenvolvemento tecnolóxico e innovación na pesca, no marisqueo e na acuicultura.
10. Formación e capacitación do sector pesqueiro, marisqueiro e acuícola.
11. Participación dos sectores afectados nos procedementos para a toma de decisións sobre as políticas pesqueiras.
12. Inspección,vixianza, control e observancia das normas.
13. Réxime de infraccións e sancións.
Ditas materias, no ámbito de competencia da Comunidade Autónoma, suxeitaranse ao establecido neste lei e nas disposicións que a desenvolvan.
TITULO XII.
INSPECCIÓN E CONTROL.
Artigo 94 Obxectivos
O obxectivo do réxime de control é garantir o cumprimento da lexislación vixente en materia de pesca, marisqueo a acuicultura,vixiar e inspeccionar as actividades incluídas no ámbito de aplicación da presente lei, así como a prevención e realización de todas aquelas actuacións necesarias para a protección dos recursos mariños en tódalas súas fases dende a captura ou producción ata a fase final da comercialización.
Artigo 95 Da inspección e vixianza pesqueiras
As actuacións contempladas no artigo anterior serán levadas a cabo por medio dos membros do Servizo de Inspección e Vixianza Pesqueira que terán a consideración de axentes da autoridade no desempeño das súas funcións.
O Servizo de Inspección e Vixianza Pesqueira contará coas seguintes escalas de funcionarios, pertencentes á Administración especial da Xunta de Galicia:
a)Escala Técnica do Servizo de Inspección e Vixianza Pesqueira, grupo A.
b)Escala Executiva do Servizo de Inspección e Vixianza Pesqueira,grupo B.
c)Escala de Axentes do Servizo de Inspección e Vixianza Pesqueira,grupo C.
Os membros de inspección e vixianza pesqueira colaborarán e auxiliarán , cando sexa necesario, nas accións de salvamento marítimo e de loita contra a contaminación de conformidade cos plans de continxencias e de loita contra a contaminación marítima accidental.
Artigo 96- Identificación e indumentaria
O persoal pertencente ás escalas do Servizo de Inspección e Vixianza Pesqueira irá perfectamente identificado, provisto do correspondente carné e placa acreditativa e co uniforme regulamentariamente determinado, agás naquelas actuacións nas que sexa preciso garantir o segredo da operación.
Os medios da consellería competente en materia de pesca empregados no exercicio das funcións do persoal das escalas do Servizo de Inspección e Vixianza Pesqueira irán debidamente identificados, agas naqueles supostos que regulamentariamente se determinen.
Artigo 97.- Funcións dos membros de Inspección e Vixianza Pesqueira
1.A función inspectora terá, entre outras funcións, as de:
a)velar polo cumprimento da legalidade vixente nas fases de producción, extracción, manipulación, distribución e comercialización dos produtos pesqueiros, marisqueiros e acuícola, mediante o control das actividades pesqueira.
b)o exercizo das funcións administrativas de investigación, realización de actuacións de obtención de información, comprobación dos datos exixidos para a obtención de beneficios, incentivos, axudas e subvencións en materias de competencia da Consallería de Pesca e Asuntos Marítimos.
c)información e formación aos administrados con motivo das actuacións inspectoras sobre os seus dereitos e obrigas e as demais que se establezan noutras disposicións ou que se lles encomenden ás autoridades competentes.
2.- Funcións de vixianza e control.
a)Todas aquelas actuacións de vixianza e prevención dirixidas a adoptar medidas de preservación do medio mariño,na zona do litoral de Galicia
b)Vixianza, defensa e control, dos recursos mariños de Galicia.
c)Vixiar e prever a contaminación mariña, participando e colaborando nas tarefas de eliminación de productos contaminantes.
d)Apoio e colaboración entre os membros das distintas escalas.
e) Dentro das suas competencias,coordinar os sistemas de vixianza privada das confrarías de pescadores de Galicia
2.No exercicio das súas funcións, poderán inspeccionar embarcacións, vehículos , establecementos de acuicultura en terra ou mar, lonxas ou centros de venda, industrias transformadoras, transportes, establecementos comerciais e de hostalaría, instalacións portuarias, especialmente os que funcionen sen as autorizacións preceptivas, sen prexuízo das competencias doutras consellerías.
3.As actuación dos membros das Escalas do Servizo de Inspección e Vixianza Pesqueira desenvolveranse por terra, por mar ou aire, nos vehículos propios da consellería competente en materia de pesca, e a bordo das embarcacións propias. Excepcionalmente, e sempre que as circunstancias operativas relacionadas co salvamento maritimo e de loita contra a contaminación mariña así o aconsellen, poderán actuar en embarcacións de outros organismos públicos ou privados .
Artigo 98.- Responsables do Sector.
As persoas responsables dos buques pesqueiros, vehículos, productos, empresas ou instalacións obxecto de inspección, prestarán aos axentes intervintes, a súa colaboración para a realización da función inspectora. A falla de dita colaboración ou a obstrucción, no seu caso, ao exercizo de dita función será sancionada conforme ao disposto no artigo 104, que contén as disposicións sancionadoras, na presente lei.
Artigo 99.Da cooperación
O goberno galego poderá establecer acordos e convenios con outras administracións ou entidades para o mellor exercicio da función inspectora.
DISPOSICIÓN ADICIONAL PRIMEIRA.Da extinción do Intecmar
A entrada en vigor da presente lei extinguirase o INSTITUTO TECNOLÓXICO PARA O CONTROL DO MEDIO MARIÑO DE GALICIA, como un ente de dereito público, sendo as súas funcións asumidas pola unidade que se determine no decreto de estructura orgánica da consellería competente.
Os bens ,dereitos e recursos dos que sexa titular o INTECMAR se adscribirán á unidade que se determine no decreto de estructura orgánica da consellería competente en materia de pesca, fixandose regulamentariamente este proceso.
O persoal que á entrada en vigor desta lei preste servizos como persoal propio do INTECMAR, pasará a ser persoal da Xunta de Galicia, adscrito á unidade que se determine no decreto de estructura orgánica da consellería competente en materia de pesca.
Regulamentariamente fixaranse o procedemento e condicións en que se fará efectiva a integración do dito persoal como persoal da Xunta de Galicia.
DISPOSICIÓN ADICIONAL QUINTA.Do cambio de denominación do Servizo de Gardacostas de Galicia.
O Servizo de Gardacostas de Galicia existente ata a entrada en vigor da presente lei pasa a denominarse Servizo de Inspección e Vixianza Pesqueira, contando coas escalas de funcionarios contempladas no artigo 95 da presente lei, e debendo desenvolver as funcións contidas no seu artigo 97.
De acordo co anterior:
a) A Escala Técnica do Servizo de Gardacostas de Galicia Grupo A, pasa a denominarse Escala Técnica do Servizo de Inspección e Vixianza Pesqueira,Grupo A, da que forma parte todo o persoal funcionario que á entrada en vigor da presente lei estea integrado naquela.
b) A Escala Executiva do Servizo de Gardacostas de Galicia Grupo B, pasa a denominarse Escala Executiva do Servizo de Inspección e Vixianza Pesqueira,Grupo B, da que forma parte todo o persoal funcionario que á entrada en vigor da presente lei estea integrado naquela.
c) A Escala de Axentes do Servizo de Gardacostas de Galicia Grupo C, pasa a denominarse Escala de Axentes do Servizo de Inspección e Vixianza Pesqueira,Grupo C, da que forma parte todo o persoal funcionario que á entrada en vigor da presente lei estea integrado naquela.
DISPOSICIÓN ADICIONAL SEXTA. Do persoal funcionario da Escala Básica de Vixianza Pesqueira, Grupo D.
O persoal funcionario do grupo D da Escala básica de Vixianza Pesqueira contemplado na disposición transitoria segunda da Lei 2/2004, do 21 de abril , pola que se crea o Servizo de Gardacostas de Galicia que á data da entrada en vigor da presente lei ainda non optara á integración prevista na dita disposición, manterá o seu dereito a integrarse na Escala de Axentes do Servizo de Inspección e Vixianza Pesqueira,Grupo C, expirando o prazo para exercer tal dereito o 31 de decembro de 2011, e sempre que dentro do citado prazo acrediten estar en posesión da titulación requirida.
Así mesmo, e dentro do mesmo prazo, manterán o dereito a obter un posto de traballo reservado ao Corpo Auxiliar de Administración Xeral da Xunta de Galicia, Grupo D.
DISPOSICIÓN ADICIONAL SÉTIMA. Do mantemento da vixencia de determinadas disposicións regulamentarias.
En todo o que non se opoñan á presente lei, seguen vixentes o Decreto 157/2005, do 26 de maio, sobre ordenación e funcionamento do Servizo de Gardacostas de Galicia, a Orde do 2 de maio de 2006, pola que se establece o réxime de prestación de servizos, horarios, vacacións, licenzas e permisos e compensacións económicas para percibir polo persoal do Servizo de Gardacostas de Galicia e a Orde do 20 de marzo de 2007, pola que se establecen os distintivos de identificación e uniformidade dos membros do Servizo de Gardacostas de Galicia.
A estes efectos, e consonte co disposto na disposición adicional quinta desta lei, todas as referencias ao Servizo de Gardacostas de Galicia contidas nas ditas normas regulamentarias enténdense feitas ao Servizo de Inspección e Vixianza Pesqueira. En consecuencia, son aplicables ás Escalas Técnica, Executiva e de Axentes deste último servizo, as disposicións que nas citadas normas se refiren, respectivamente, ás Escalas Técnica, Executiva e de Axentes do Servizo de Gardacostas de Galicia.
If you want a custom URL for this text, click here ($2/year)
If you want to create your own free URL , click here
|