Translate |
Print |
Email |
del.icio.us |
A |
A |
A |
to
Convert
Xoán Xinés García Bugallo,con DNI 35.445.817,Delegado de Persoal na provincia de Pontevedra e representante sindical na Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos pola CSI-CSIF,funcionario adscrito ó Servizo de Gardacostas de Galicia con destino na Base de Vilaxoán,en base o disposto no Borrador do anteproxecto de Lei de Pesca de Galicia 2007, que foi remitido a ésta Central sindical
EXPÓN
Primeiro: O artigo 95, da Inspección Pesqueira, do Anteproxecto de Lei, limita so a dúas Escalas, a) Escala de Inspección Pesqueira e b)Escala de Subinspección Pesqueira, non concretando cal vai a ser a denominación dos grupos nos que se van a clasificar estas Escalas nin no Corpo de funcionarios nas que se van a integrar, aspectos que se contemplan no artigo 20 da Lei 4/1988, do 26 de maio da Función Pública de Galicia,e que sería fundamental coñecer neste borrador, cales son os grupos de pertenza de éstas Escalas .
O actual Servizo de Gardacostas define 3 Escalas (Técnica, Executiva e de Axentes) correspondendo ós grupos A, B e C dos Corpos da Administración Especial da Xunta de Galicia. No anteproxecto proponse a extinción da Escala de Axentes e os funcionarios que a integran, quedando nunha situación administrativa complexa “a extinguir”, termino que leva aparellado certas desventaxas e limitacións con respecto os funcionarios integrados nas escalas de Inspección Pesqueira e de Subinspección Pesqueira. Considerando que é un erro grave deixar a un amplo colectivo de funcionarios e funcionarias de diversas categorías profesionais a extinguir ata a xubilación, enténdanse todas as Escalas do anterior Servizo de Protección de Recursos e que foron extinguidas pola Lei 2/2004 do 21 de Abril pola que se crea o Servizo de Gardacostas: Patróns, Mecánicos da Escala de titulados náuticos integrados na Escala de Axentes e Vixilantes Mariñeiros integrados na Escala de Axentes, Subinspectores integrados na Escala de Axentes e o colectivo da Escala Básica de Vixilancia Pesqueira afectado pola disposición Transitoria Primeira da Lei 2/2004, do 21 de Abril pola que se crea o Servizo de Gardacostas de Galicia e que optaron por integrarse na Escala de Axentes. Consideramos que pola traxectoria deste servizo non debería desaparecer o grupo C xa que tanto o extinguido D coma o C foron os cimentos deste servizo e non é de recibo que, se declaren a extinguir os grupos que foron a base do servizo de Protección dos Recursos e antes da Vixilancia Pesqueira da Consellería de Pesca, esquecendo que os funcionarios destes grupos co seu traballo e esforzo foron quen de conseguir rematar case por completo co furtivismo e a pesca ilegal. Asemade vemos imprescindible manter os titulados náutico-pesqueiros, xa que ata a entrada en vigor da resolución de 27 de setembro de 2006 viñan levando o mando na ponte e máquinas das embarcacións e a dirección dos traballos a flote con acerto, polo que debería volverse ó anterior á lei de Gardacostas, e dicir lei de escalas 12/1992 e decreto 211/1994 polo que se aproba o regulamento de funcións, considerando inadmisible que se contrate persoal para tripular as embarcacións, cando xa hai na administración funcionarios coa titulación axeitada para estas funcións, que accederon á Función Pública logo de superar unhas oposicións para as categorías de Patrón e Mecánico de embarcación, con ampla experiencia e todo tipo de cursos de vixilancia pesqueira, salvamento e loita contra a contaminación e ós que preténdese deixar nunha vía morta, afastados das funcións para as que especificamente accederon á Administración, deixando constancia por parte dos integrantes deste colectivo de titulados náutico-pesqueiros, a súa intención de seguir tripulando as embarcacións da Consellería de Pesca , definindo claramente as súas funcións como facía o derrogado decreto 211/1993.
Segundo: O texto do anteproxecto incide como base fundamental do traballo a desenvolver polos membros da Inspección Pesqueira, no termo da Inspección, concretando unha serie de funcións baseadas en tarefas inspectoras, esquecéndose das funcións de Vixilancia, as cales sobor de todo tendo en conta as especiais características de costa e rías galegas e da gran cantidade de persoas que faena a cotío nestas augas, son tan, ou quizais mais importantes que as labores inspectoras. Non se pode separar ambos conceptos, unha labor de Vixilancia e Control, trae consigo en moitos casos unha actuación inspectora para conseguir os obxectivos, a experiencia neste senso nos da a razón, e son innumerables as actuacións dos funcionarios onde as actuacións de Vixilancia serviu como función preventiva e paliativa, acadando resultados que nalgúns casos son mais importantes cá función inspectora. E de senso común, e dende o presente escrito, insto ó órgano superior da Consellería de Pesca o cal vai dirixido, que recolla datos que lle sirvan de xuízo, sobre os resultados concretos do que durante os anos dende 1985 ata o presente conlevaron as actuacións de Vixilancia para a loita contra o furtivismo, poñendo como exemplo as estatísticas do índice de pesca e marisqueo ilegal nos anos da década dos anos 80 e 90 e dos anos 2000-05, e os datos existentes na actualidade. Este Servizo, cos funcionarios/as da actual Escala que se pretende extinguir no Anteproxecto de Lei, participou, colaborou e incluso obrigou en certos casos a reorganización de todo o sector da Pesca e do Marisqueo de baixura de Galicia, sendo o sector productivo e extractivo mais importante no eido Marítimo-Pesquiero. Milleiros de actuacións avalan o traballo (Vixilancia Marítimas, Salvamento e Loita contra a Contaminación, Vixilancia en Portos, Controles en Lonxas e Establecementos de Cultivos Mariños, Seguimentos de Vehículos adicados o transporte ilegal de especies mariñas, Vixilancia na Costa Galega de descargas ilegais de especies mariñas, Vixilancia nas zonas Costeiras dos espacios marítimos –terrestres de todo tipo de actividade ilegal de pesca e marisqueo, Vixilancia nos Bancos Marisqueiros de marisqueo a pe asesorando o sector, recollida de mostraxe de verquidos, recollida de mostraxes para o Intecmar, etc, etc, etc.) Tendo en conta o anterior, no texto do Anteproxecto deben de citarse no artigo 97 as funcións de Vixilancia, e por conseguinte a denominación do servizo debería de ser Servizo de Inspección e Vixilancia Costeira de Galicia. Por outro lado, extinguir o colectivo de Axentes, crearía a longo prazo, polas idades do colectivo, xubilacións case simultaneamente no mesmo tempo, o que daría lugar a que quedaría un gran zona extensa da Costa de Galicia sen funcionarios dedicados a Vixilancia, permanecendo un colectivo, unicamente para realizar inspeccións puntuais. Por iso éste representante sindicail, comunican, que é un erro grave propoñer a extinción da Escala de Axentes do Servizo de Gardacostas que na actualidade se dedican a Vixilancia da Costa Galega nos espacios marítimos, marítimos-terrestres, terrestres e na vixilancia aérea nas aeronaves do servizo.
Terceiro: E de ter en conta en canto a similitude, no referente as competencias asumidas por este corpo e forza de seguridade pública do Estado, en materia de Protección de Recursos Pesqueiros, como é o caso da Policía Autonómica de Galicia de recente creación. A propia Lei de Policía Autonómica crea tres Escalas: Escala de Mando, Escala Executiva e Escala Básica de Policía Grupo C. Esta última Escala que facendo unha comparativa cas Escalas do Servizo de Gardacostas, é a que sería equivalente a actual Escala de Axentes Grupo C. E incongruente, aínda que sendo servizos distintos, unha Lei de creación como é o caso o da Policía Autonómica crea unha Escala Básica grupo C, e noutra, nembargantes como e a Lei de Pesca, se pretenda extinguir a Escala de Axentes Grupo C.
Cuarto: Ao aprobarse o Estatuto Básico do Empregado Público, e importante, dende o punto de vista de poder estructurar as novas Escalas do artigo95, na nova clasificación profesional de grupos e subgrupos que lle correspondan tal como se detalla no EBEP, en referencia ó artigo 95 e as disposicións adicionais do anteproxecto de Lei de Pesca de Galicia, e en todo aquelo que afecte ó personal do Servizo de Gardacostas. Este é un tema pendente de revisar nas Leis de desenvolvemento do EBEP. A D.T.3ª establece a forma provisional de adscrición que, en calquera caso, e para as titulacións superiores deberá seguir a Declaración de Bolonia cando está sexa de aplicación real e efectiva. Sen dubida o novo sistema de clasificación profesional que se enmarca no EBEP, terá incidencias nas Escalas do artigo 95 do Anteproxecto da Lei de Pesca,de todos xeitos a RESOLUCIÓN de 21 de junio de 2007, de la
Secretaría General para la Administración Pública, por la que se publican las Instrucciones, de 5 de junio de 2007, para la aplicación del Estatuto Básico del Empleado Público en el ámbito de la Administración General del Estado y sus organismos públicos cita no seu punto 9 o seguinte
9. Grupos de clasificación de los Cuerpos y Escalas (artículo 76 y disposición transitoria tercera) La integración de los Cuerpos y Escalas en los nuevos grupos y subgrupos de clasificación es automática. Transitoriamente, los Grupos de clasificación existentes a la entrada en vigor del Estatuto se integran de forma automática en los Grupos de clasificación profesional de funcionarios previstos en el artículo 76 del EBEP, de acuerdo con las siguientes equivalencias:
Antiguo Grupo A: Subgrupo A1.
Antiguo Grupo B: Subgrupo A2.
Antiguo Grupo C: Subgrupo C1.
Antiguo Grupo D: Subgrupo C2.
Antiguo Grupo E: Agrupaciones Profesionales a que hace referencia la disposición adicional séptima.
Esta integración automática no resulta aplicable al nuevo grupo B que queda reservado a quienes estén en posesión del título de Técnico Superior, por no existir en los actuales grupos de clasificación uno equivalente,a nova Lei da Función Pública de Galicia de desenvolvemento do Estatuto Básico do Empregado Público,ten que contemplar o exposto no punto 9 da mencionada Resolución.
Quinto: a Lei 13/2007,do 27 de xullo,de modificación da Lei 4/1988 da función Pública de Galicia di: Disposición transitoria décimo sexta.
Dentro do marco das medidas de redución da temporalidade e co obxecto de aumentar a estabilidade
no emprego público na Administración xeral da Xunta de Galicia, a Comunidade Autónoma galega desenvolverá, por unha soa vez por praza, un proceso selectivo de carácter extraordinario para a substitución de emprego interino ou temporal por emprego fixo. Seralles aplicable a estes procesos o disposto no artigo 60.2 desta lei. O proceso afectará a aquelas prazas que estean cubertas, interina ou temporalmente, con anterioridade ao 1 de xaneiro de 2005 e que continúen, temporal ou interinamente, cubertas no momento da convocatoria. As prazas que no momento da entrada en vigor desta disposición estean na situación prevista no parágrafo anterior reservaranse para a súa oferta nos procesos extraordinarios que se realicen. Os procesos selectivos respectarán, en todo caso, os principios de igualdade, mérito, capacidade e publicidade e efectuaranse polo sistema de concurso-oposición aberto. O contido das probas gardará relación cos procedementos, as tarefas e as funcións habituais dos postos obxecto de cada convocatoria. Na fase de concurso poderanse valorar, entre outros méritos, o tempo de servizos prestados nas administracións públicas e a experiencia nos postos de traballo obxecto da convocatoria. A valoración de méritos das persoas que superasen a fase de oposición só poderá outorgar unha puntuación proporcionada, que non determinará por si mesma o resultado do proceso selectivo».
Visto o disposto nesta norma lexislativa,debe de plasmarse nesta Lei de Pesca unha disposición de carácter transitorio donde se regulen as medidas adoptadas pola modificación da Lei da Función Pública de Galicia co fin de dar estabilidade no emprego ó gran número de funcionarios interinos que actualmente forman parte da RPT do Servizo de Gardacostas.
Tendo en conta todo o exposto anteriormente e de acordo co disposto nos artigos 35 e 79 da Lei 30/1992,do 26 de novembro,de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, e como parte interesada no que afecta en certos artigos e disposicións do presente Anteproxecto de Lei de Pesca de Galicia 2007, formula as seguintes :
ALEGACIÓNS, ó Anteproxecto do borrador da LEI DE PESCA DE GALICIA 2007
Proposta de nova redacción ó articulado no anteproxecto da Lei de Pesca.
Modificacións
Primeira Alegación
PREÁMBULO
O título XII regula a inspección, vixilancia e o control. Todo corpo legal leva consigo a regulación do establecementos de mecanismos de control de cumprimento da lexislación, establecendo os medios humanos e materiais necesarios para que tanto a vixilancia como a inspección sexa eficiente e eficaz. É unha obriga das administracións, na que se debe implicar e responsabilizarse o sector para que tódalas actividades se desenvolvan dentro dun marco de respecto ás normas e sobre todo, de respecto aos principios de desenvolvemento sustentable e preservación dos recursos como medio de vida das persoas que viven do mar. Partindo desta obriga, os traballadores da administración pública que levan a cabo este labor de inspección, vixilancia e control deben contar cun marco xurídico claro que lles permita exercer as súas funcións amparados nunhas normas e disposicións claras, obxectivo que se logra mediante o disposto no título referenciado.
Segunda Alegación:
TITULO I. DISPOSICIONS XERAIS
Artigo 1.- Finalidade
A política pesqueira da Comunidade Autónoma galega ten por finalidade a viabilidade duradeira do sector pesqueiro, marisqueiro e acuícola galego mediante a explotación sustentable, equilibrada e responsable dos recursos baseada nun asesoramento científico sólido e tendo en conta os aspectos medioambientais, económicos e sociais.
Para tal fin estableceranse, en particular, medidas sobre:
1. Conservación, xestión e explotación dos recursos mariños vivos.
2. Condicións de acceso ás augas e aos recursos mariños vivos.
3. Regulación do exercicio da pesca marítima profesional, o marisqueo e a acuicultura mariña.
4. Ordenación do sector pesqueiro.
5. Pesca marítima de recreo.
6. Estructuras pesqueiras, marisqueiras e acuícolas.
7. Establecemento de medidas de prevención e control sanitario dos recursos mariños.
8. Mercados, comercialización, manipulación, transformación e conservación dos productos da pesca, do marisqueo e da acuicultura.
9. Investigación, desenvolvemento tecnolóxico e innovación na pesca, no marisqueo e na acuicultura.
10. Formación e capacitación do sector pesqueiro, marisqueiro e acuícola.
11. Participación dos sectores afectados nos procedementos para a toma de decisións sobre as políticas pesqueiras.
12. Inspección, control e vixilancia das normas.
13. Réxime de infraccións e sancións.
Ditas materias, no ámbito de competencia da Comunidade Autónoma, suxeitaranse ao establecido nesta lei e nas disposicións que a desenvolvan.
Terceira Alegación:
TITULO XII.
INSPECCIÓN, VIXILANCIA E CONTROL.
Artigo 94.- Obxectivos
O obxectivo do réxime de control é garantir o cumprimento da lexislación vixente en materia de pesca, marisqueo a acuicultura, vixiar e inspeccionar as actividades incluídas no ámbito de aplicación da presente lei, así como a prevención e realización de todas aquelas actuacións necesarias para a protección dos recursos mariños de Galicia en todas as súas fases dende a producción ata a fase final da comercialización .
Artigo 95.- Inspección e Vixilancia
As actuacións contempladas no artigo anterior serán levadas a cabo por medio dos membros das Escalas do Servicio de Inspección e Vixilancia Costeria de Galicia que terán a consideración de axentes da autoridade no desempeño das súas funcións.
1.-O Servicio de Inspección e Vixilancia Costeira de Galicia contará coas seguintes escalas de funcionarios:
a)Escala de Inspección Pesqueira, Grupo A. .
b)Escala de Subinspección Pesqueira, Grupo B.
c)Escala de Subinspectores Maritimos Grupo B.
d)Escala de Vixilancia Costeira, Grupo C .
2.-O sistema de acceso a ditas Escalas será polo sistema establecida na Lei da Función Pública de Galicia,e as titulacións de cada grupo e subgrupo seràn os establecidos no Artículo 76,dos grupos de clasificación profesional do persoal funcionario de carrera da Lei 7/2007, de 12 de abril, do Estatuto Básico del Empleado Publico e no seu caso o disposto na Lei da Función Pública de Galicia.
3.-Regulamentariamente a Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos establecerá as condicións de traballo e funcións especificas das diversas categorías profesionais das Escalas.
Os membros do Servicio de Inspección e Vixilancia Costeira de Galicia colaborarán e auxiliarán, cando sexa necesario, nas accións de salvamento marítimo e de loita contra a contaminación de conformidade cos plans de continxencias e de loita contra a contaminación marítima accidental.
Artigo 96.- Identificación e indumentaria
O persoal pertencente ás escalas do Servicio de Inspecciòn e Vixilancia Costeira de Galicia irá perfectamente identificado, provisto do correspondente carné e placa acreditativa e co uniforme regulamentariamente determinado, agás naquelas actuacións nas que sexa preciso garantir o segredo da operación. Os vehículos, embarcacións e aeronaves do Servizo de Inspección e Vixilancia Costeira de Galicia terán os indicativos e identificación que regulamentariamente se determine.
Artigo 97.- Funcións dos membros das Escalas do Servicio de Inspecciòn e Vixilancia Costeira de Galicia.
1.A función inspectora terá, entre outras funcións, as de:
a)velar polo cumprimento da legalidade vixente nas fases de producción, extracción, manipulación,
distribución e comercialización dos productos pesqueiros, marisqueiros e acuícolas, mediante o control das actividades pesqueiras.
b)o exercicio das funcións administrativas de investigación, realización de actuacións de obtención de información, comprobación dos datos esixidos para a obtención de beneficios, incentivos, axudas e subvencións en materia de competencia da consellería competente.
c)información e formación aos administrados con motivo das actuacións inspectoras sobre os seus dereitos e obrigas e as demais que se establezan noutras disposicións ou que se lles encomenden as autoridades competentes.
d)No exercicio das súas funcións, poderán inspeccionar embarcacións, vehículos, establecementos de acuicultura en terra ou mar, lonxas ou centros de venda, industrias transformadoras, transportes,
establecementos comerciais e de hostalería, instalacións portuarias, especialmente os que funcionen sen as autorizacións preceptivas, sen prexuízo das competencias doutras consellerías.
2.- Funcións da Vixilancia e Control.
a)todas aquelas actuacións de Vixilancia e Prevención dirixidas a adoptar medidas de preservación do medio mariño,na zona do litoral de Galicia
b)Vixilancia, Defensa e Control, dos Recursos Mariños de Galicia.
c)Vixiar e Prever a contaminación Mariña, participando e colaborando nas tarefas de eliminación de productos contaminantes.
d)Apoio e colaboración cas escalas superiores e as suás categorias profesionais.
e) Dentro das suas competencias coordinar os sistemas de Vixilancia Privado das confradías de pescadores de Galicia
3.-Regulamentariamente, previa negociación cas Organizacións Sindicais representativas, a Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos establecerá as condicións de traballo e funcións especificas das diversas categorías profesionais das Escalas do Servicio de Inspección e Vixilancia Costeira.
3.As actuación dos membros das Escalas de Inspección e Vixilancia Costeira desenvolveranse por terra, por mar ou aire, nos vehículos propios da Consellería e a bordo das embarcacións propias. Excepcionalmente, e sempre que as circunstancias operativas relacionadas co Salvamento Maritimo e de Loita contra a Contaminación Mariña así o aconsellen, poderán actuar en embarcacións de outros organismos públicos ou privados .
4.- Os membros do Servicio de Inspección e Vixilancia Costeira de Galicia colaborarán e auxiliarán, cando sexa necesario, nas accións de salvamento marítimo e de loita contra a contaminación de conformidade cos plans de continxencias e de loita contra a contaminación marítima accidental.
Artigo 98 .Da Segunda actividade.
1.-A Segunda actividade e unha situación especial na que se atopen os membros da Escala de Inspección e Vixilancia Costeira de Galicia,que pola sua idade, non se atopen capacitados para o desenvolvemento das funcións propias dadas polas características do traballo, podendo prestar outro tipo de traballo e servizo na Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos.
2.- A situación de segunda actividade ,considerase para todos os efectos como de servizo activo ,tendo o dereito o funcionario que este nesta situación a percibir as retribucións básicas e complementarias que viña percibindo antes do pase a está situación.
3.-Por diminución de aptitudes psicofísicas.
a) Pasarán á situación de segunda actividade, sen a limitación das idades determinada, aqueles funcionarios do Servicio de Inspección e Vixilancia Costeira que teñan diminuídas as aptitudes físicas, psíquicas ou sensoriais necesarias para o desempeño da suas funcións , ben por incapacidade temporal ben doutro tipo, e sempre que non constitúan causa de incapacidade permanente. O dito procedemento poderase iniciar de oficio ou por solicitude do interesado.
b) Poderase acordar, de oficio ou por solicitude do interesado, o reingreso no servizo activo no caso de desapareceren as causas que motivaron a diminución de aptitudes físicas, psíquicas ou sensoriais, tras o ditame médico.
c) No pase á segunda actividade , o funcionario percibirá o 100% das retribucións que viña percibindo no momento de se producir o feito causante do referido pase.
4.- Pola idade.
O pase a segunda actividade pola idade terá lugar ao se cumpriren as seguintes idade:
a) Escala Inspectores /as: aos 58 anos de idade.
b) Escala de Subinspección Pesqueira e Subinspectores Marítimos : aos 55 anos de idade.
c) Escala de Vixilancia Costeria: aos 55 anos de idade.
5.-As características especificas para solicitar o pase á segunda actividade, axustarase a normativa vixente o no seu caso á norma regulamentaria que dicte a Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos.
Artigo 99.- Responsables do Sector.
As persoas responsables dos buques pesqueiros, vehículos, productos, empresas ou instalacións obxecto de inspección, prestarán aos axentes intervintes, a súa colaboración para a realización da función inspectora. A falla de dita colaboración ou a obstrucción, no seu caso, ao exercicio de dita función será sancionada conforme ao disposto no artigo 104, que contén as disposicións sancionadoras, na presente lei.
Artigo 100.- Da cooperación
O goberno galego poderá establecer acordos e convenios con outras administracións ou entidades para o mellor exercicio da función inspectora.
Cuarta Alegación.
Artigo 114.- Infraccións Graves.
Considéranse infraccións graves as seguintes:
a)En materia de cooperación coas autoridades:
1.- Impedir ou obstaculizar as labores de Vixilancia e Inspección das autoridades do Servizo de Inspección e Vixilancia Costeira.
Quinta Alegación.
Disposición Adicional Quinta.- Da extinción do Servizo de Gardacostas de Galicia..
O Servizo de Gardacostas de Galicia e as escalas existentes ata a entrada en vigor da presente Lei extínguese, denominándose Servizo de Inspección e Vixilancia Costeira de Galicia,pasando todas a as Escalas contidas no mesmo a denominarse consonte o establecido no artigo 95 da presente lei,debendo desenvolver as funcións contempladas no artigo 97.
Entrementres non se aplique o disposto na disposición Transitoria terceira da Lei 7/2007 do 12 de Abril,do Estatuto Básico do Empregado Público,e non se desenrole mediante a unha Lei de Función Pública de Galicia, a nova denominación das escalas, nos grupos correspondentes, e a integración dos funcionarios nelas, quedará da seguinte maneira.
Os funcionarios que na entrada en vigor da presente Lei estén integrados na Escala Técnica do Servizo de Gardacostas de Galicia Grupo A, dita Escala pasará a denominarse Escala de Inspección Pesqueira,Grupo A.
Os funcionarios que na entrada en vigor da presente Lei estén Integrados na Escala Executiva
Grupo B do Servizo de Gardacostas,a dita Escala pasará a denominarse segun se determine: Escala de Subinspección Pesqueira e Escala de Subinspectores/as Marítimos Grupo B.
Os funcionarios que na entrada en vigor da presente Lei, estén Integrados na Escala de Axentes do Servizo de Gardacostas Grupo C,a mencionada Escala pasará a denominarse Escala de Vixilancia Costeira Grupo C.
Disposición Transitoria Sétima.-
1.-Regulamentariamente e nos prazos establecidos que se dicten,tendo en conta o Artigo 76 da Lei 7/2007 ,do 12 de Abril,do Estatuto Básico do Empregado Público,e segundo o disposto na Lei da Función Pública de Galicia,facilitarase que,na Escala de Subinspección Pesqueira e na Escala de Subinspectores Marítimos, grupo B, se poidan integrar os funcionarios da Escala de Axentes do Servizo de Gardacostas que proveñan das antigas escalas de :Subinspección Pesqueira na categoria de subinspectores, titulados naútico-pesqueiros nas categorias de Patróns e Mecánicos de embarcación, do anterior Servizo de Protección dos Recursos coas titulacións nautico-pesqueiras profesionais de Patrón de Altura; Mecánico Maior Naval; os funcionarios cos títulos profesionais de Patrón Maior de Cabotaxe; Patrón de Pesca de Altura e Mecánico Naval Maior como homologados a extinguir. Co mesmo procedemento establecido no parágrafo anterior,se facilitaráse o acceso o dito grupo, a todos aqueles funcionarios da citada Escala de Axentes grupo C do Servizo de Gardacostas de Galicia que conten cá titulación requerida para o citado grupo B.
2.- O efecto de poder realizar a integración na Escala de Vixilancia Costeira Grupo C do Artigo 95 da presente Lei, dos funcionarios da Escala Básica afectados pola Disposición Transitoria Segunda da Lei 2/2004 que solicitaron a opción de integración na Escala de Axentes do Servizo de Gardacostas de Galicia, quedarán integrados, por unha soa vez, na Escala de Vixilancia Costeira Grupo C.
3.-A partir da publicación da presente Lei no DOG, e no prazo transitorio ata a data de entrada en vigor, recoñecese o dereito a tódolos funcionarios/as e personal laboral, integrados/as ou adscritos ás Escalas do Servizo de Gardacostas de Galicia ,creados pola Lei 2/2004,do 12 de Abril,de renunciar expresamente mediante solicitude do interesado,a adscrición ou integración ás novas Escalas do Servicio de Inspección e Vixilancia Costeira de Galicia as que fai referencia o artigo 95 da presente Lei.En virtude do contemplado no presente apartado, se procederá a integración mediante os procedementos legais establecidos na Lei da Función Pública de Galicia, nos Corpos da Administración Xeral da Xunta de Galicia que lle corresponda aos que actualmente pertenzan, a todo aquel personal có solicitou, co recoñecemento, en todo caso, da antiguedade e dos dereitos laborais de todo tipo que teñan recoñecidos, en caso contrario, se procederá o establecido na Disposición Adicional Quinta da presente Lei.
Disposición Transitoria oitava.-
1.-O abeiro do artigo único, apartado 38 da Lei 13/12007,do 27 de xullo pola que se modifica a Lei 4/19888,do 26 de maio da función Pública de Galicia,no prazo máximo dun ano, dende a entrada en vigor da presente Lei, a Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos e a Dirección Xeral da Función Pública, convocarán os procesos selectivos para a conversión dos Funcionarios Interinos adscritos as Escalas do artigo 95 da presente Lei en Funcionarios de Carreira.
DISPOSICIÓNS DERROGATORIAS
Quedan derrogadas cantas disposicións de igual ou inferior rango se opoñan ao establecido nesta lei, e,
expresamente:
a)A Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia.
b)A Lei 9/1993, do 8 de xullo, de confrarías de pescadores de Galicia.
c)A Lei 2/2004, do 21 de abril, pola que se crea o Servizo de Gardacostas de Galicia.Excepto a Disposición Transitoria Segunda
d)A Lei 3/2004, do 7 de xuño, de creación do Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño de Galicia.
e)A Lei 8/2004, do 30 de xullo, de protección, control, infraccións e sancións en materia marítimo-pesqueira de Galicia.
Sexta Alegación.
Solicítase que se suprima o Titulo XIV do Borrador do Anteproxecto de lei de Pesca de Galicia,que regula a Sociedade Galega de Salvamento
En Vilaxoán a 4 de Setembro de 2007
Os Representante Sindical na Consellería de Pesca.
Pola CSI-CSIF
Sr.SECRETARIO XERAL
CONSELLERÍA DE PESCA E ASUNTOS MARÍTIMOS
Edificio Administrativo da Xunta de Galicia de San Caetano (Santiago de Compostela).
|